Estes días está collendo dimensión estatal o fermoso proxecto Escoita que artella o RC Deportivo. Ese xeito de achegar a paixón dun partido de fútbol en directo, no estadio, para persoas invidentes.
Un proxecto semellante queren sacar dende Carrilanas Esteiro e a ONCE. Por iso lanzan unha campaña de micromecenazgo a través de goteo.org que se chama Sentir a carrilana”.
Porque pilotar unha carrilana de madeira, provoca sensacións únicas que resultan difíciles de explicar. E porque para as xentes da Carrilanas é moi importante facerllas sentir a aquelas persoas que non poden ver.
A idea é construír 4 carrilanas adaptadas tipo sidecar para que nenos e nenas con deficiencia visual total ou parcial, poidan sentirse protagonistas do Gran Prix de Carrilanas de Esteiro 2020, que cumpre a súa 31ª edición. Irán acompañados dun familiar e un piloto/a convidado/a para a ocasión, creando unha experiencia familiar única no mundo.
Agroa está na nosa man. Precisan da nosa axuda para conseguir uns 6.000€ para a construción das carrilanas a través da campaña de crowdfunding